Saturday 20 de April de 2024

A Cámara Municipal de Góis aproba por unanimidade outorgarlle a Medalla de Ouro do municipio ao Concello de Oroso


A Cámara Municipal de Góis vén de aprobar por unanimidade outorgarlle a Medalla de Ouro deste municipio portugués ao Concello de Oroso. Unha distinción que lle será entregada ao alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, o próximo sábado 13 de agosto no auditorio da casa da cultura de Góis, coincidindo coa celebración do Día de Góis.

Así o confirma a presidenta da Cámara Municipal de Góis, María de Lurdes Oliveira, que foi tamén quen presentou a proposta. Unha iniciativa que xa adiantara en setembro de 2015, durante a inauguración do certame Góisorosoartes e que esta semana foi refrendada por unanimidade do pleno municipal. Manuel Mirás asegura que “recibo con moita satisfacción esta nova, pois para mín é un grande orgullo que a Cámara Municipal de Góis acordase outorgarlle ao Concello de Oroso esta medalla de ouro, a máis alta distinción do noso municipio irmán”.